C.H.I.P., un mini-ordenador que quere venderse a só 9 dólares
venres, 8 de maio do 2015
Una
iniciativa desenvolvida dende California e China quere facer realidade un
proxecto na liña da popular placa Arduino, que teña un prezo moi asumible, para
o que iniciaron en Kickstarter unha campaña
para financiar C.H.I.P., produto que promete ser o primeiro ordenador do mundo
que custe 9 dólares, que en poucas horas conseguiu financiamento dabondo
como para que no mes de decembro comecen a remitirse aos mecenas as primeiras
unidades do que serÃa o seu procesador sen incluÃr os adaptadores necesarios
para empregar esta produto en solucións portátiles ou conectado a un monitor,
que non chegarÃan até maio de 2016.
C.H.I.P. será unha pequena integración dun procesador a 1 GHz, con 512 MB de
RAM e 4 GB de almacenamento interno que poderÃa conectarse á Internet por Wi-Fi
N e a accesorios como un rato e un teclado por Bluetooth 4.0, de xeito que
poderÃa converterse nun ordenador básico que opere con Linux (o que servirÃa
para traballos de produtividade, navegar pola web, reproducir vÃdeo, programar
e incluso xogar).e que incluso poderÃa facerse portátil mediante
PocketC.H.I.P., accesorio cunha pantalla táctil de 4,3 polgadas cunha
resolución de 470 x 272 pÃxeles, teclado QWERTY e baterÃa de 3.000 mAh (que achegarÃa
unha autonomÃa dunhas 5 horas), o que serÃa moi interesante para poder levar
enriba un trebello que corra software de
verdade para, por exemplo, controlar hardware conectado.
Actualmente C.H.I.P. ofrécese por 9 dólares, vendéndose por 19 dólares de
incluÃr unha baterÃa ou un adaptador VGA. No caso de precisar dun adaptador
HDMI o prezo conxunto serÃa de 24 dólares (temos asà que a promesa dun
ordenador de 9 dólares haberÃa que collela entre aspas), mentres que un
C.H.I.P. cun PocketC.H.I.P. venderÃase a 49 dólares.
VÃdeo promocional do proxecto