CD Projekt Red desenvolverá un novo xogo de The Witcher
xoves, 12 de marzo do 2020
CD Projekt Red, estudio detrás da serie de xogos de The
Witcher, leva anos traballando nun grande xogo, Cyberpunk 2077, que ten
previsto ver a luz en setembro, pero a través de Stooq sabemos da man do
presidente da compañÃa, Adam KiciÅ„ski, que pese a que xa hai bastante tempo da
última entrega de The Witcher, esta non será a derradeira, xa que
recoñece que tras rematar o traballo en
Cyberpunk 2077 iniciarán un novo proxecto ambientado no universo de The
Witcher.
Kiciński vai un paso máis aló, e asegura que pretenden manter en paralelo
desenvolvementos para os universos de Cyberpunk e The Witcher, matizando
que precisan entre 4 e 5 anos en desenvolver os seus proxectos, xa que a
calidade precisa de tempo, polo que parece evidente que non veremos un posible The
Witcher IV nun par de anos, senón que haberá que agardar bastante máis, sen
que iso supoña que os que suban ao carro de Cyberpunk 2077 non vaian
deixar de recibir contidos adicionais, modo de xogo en liña e secuelas ante o
previsible éxito dunha franquÃa pola que hai unha grande expectación.