CLUSAGA idea un proxecto de IA para mellor as condicións do sector cárnico
xoves, 30 de novembro do 2023
Mellorar
a planificación e produción do sector cárnico é o obxectivo do
proxecto estratéxico MEATwin
do Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA). Esta iniciativa
baséase na investigación industrial en diferentes tecnoloxÃas de
Intelixencia Artificial (IA), modelado e analÃtica de procesos e
datos e visión hiperespectral, para a súa posterior integración
nun xemelgo dixital que sirva como ferramenta de planificación da
produción nas empresas do sector cárnico.
Engadir
que o proxecto MEATwin recibe financiamento da convocatoria 2023 de
apoio a Agrupacións Empresariais Innovadoras (AEI) do Ministerio de
Industria, Comercio e Turismo (MINCOTUR) e, baixo a coordinación de
CLUSAGA, conta para a súa execución cun consorcio composto por
catro empresas tecnolóxicas (Norlean, TripleAlpha, Kaizen Institute
e RIA 21), dous centros tecnolóxicos (ANFACO-CECOPESCA e Fundación
Centro Tecnolóxico da Carne) e unha empresa alimentaria do sector
cárnico (Jamones González).
En
canto á finalidade deste proxecto estarÃa integrar tecnoloxÃas de
recollida de datos e a sensórica e visualización de indicadores
chave nunha ferramenta que permita facer un uso integrado delas. A
gran aposta de MEATwin reside na implantación efectiva da ferramenta
no sector por mor da flexibilidade da mesma. AsÃ, grazas ao emprego
dun xemelgo dixital baseado en IA, conseguirase unha solución
transversal ao sector, que facilitará ás pemes o acceso a
tecnoloxÃas dixitais de despregadura rápida e as dirixirá cara a
máxima eficiencia dos seus procesos.
En
resumo, MEATwin aborda a necesidade do sector cárnico de mellorar a
planificación e produción mediante unha solución de dixitalización
de custo asumÃbel para as pemes, traducÃndose isto nun impulso do
sector ao permitir ás empresas tomar mellores e máis áxiles
decisións nos seus procesos.
Alén
de MEATwin, CLUSAGA está a coordinar co apoio da Oficina Técnica
Next Generation Galicia Food a execución doutros tres proxectos
beneficiarios da convocatoria de apoio a AEIs do MINCOTUR. VitIA 5.0,
que pretende mellorar a produtividade e sustentabilidade do sector
vitivinÃcola mediante a aplicación de IA, IoT e biotecnoloxÃa;
IA40WASTE para promover a eficiencia dos procesos produtivos da
industria alimentaria minorando as perdas de produción na etapa
industrial; e DIG4.0VO, cuxo obxectivo é o sector avÃcola de posta,
oriéntase a acadar unha cadea de valor eficiente e con garantÃas de
benestar animal.