CMTDATA ofrece cumprida información sobre actividade de telecomunicacións por Comunidades e provincias
venres, 12 de xullo do 2013
Xa podemos consultar
dende esta semana no portal web de estatísticas da CMT (o
portal CMTDATA) a información xeografía de telecomunicacións
por Comunidades e provincias, correspondente ao ano 2012. Que
significa isto? Pois que temos ao alcance da man saber, dunha ollada,
canta fibra óptica hai na nosa contorna e cal é o primeiro operador
da mesma, entre outras cousas, como estarmos capacitados para facer
radiografías TIC da oferta estatal. O blog, que é moi visual (cos
seus gráficos, mapas e barras dinámicas), achega a primeira vista
unha serie de datos relativamente positivos para os internautas
galegos. Por exemplo: cóntasenos que Ourense e Lugo (con taxas do
6,8% e 6,6%, respectivamente) están á cabeza das provincias que
máis experimentaron un medre interanual no número de liñas de
banda larga, a moita distancia das que están na cola (Xaén e As
Palmas, con -1,4% e 0,2%).
No que se refire a
tecnoloxías, imponse o xDSL impúxose como fornecedora de banda
larga en España, cunha penetración de 19,3 liñas por cada 100
habitantes, fronte ás 4,7 liñas por cada 100 habitantes do cable. A
fibra óptica acadou en 2012 os 3.951.051 accesos instalados (un 72%
máis que en 2011). En telefonía, Movistar segue a ser líder
(arrasa, por provincias, en Ceuta, Teruel ou A Rioxa) pero Vodafone
cómelle terreo e acada grandes cotas de mercado en provincias como
Ourense, con case o 40% dos usuarios de telefonía móbil. Curioso é
tamén o caso de Coruña, onde Yoigo e os OMV abranguen case á
cuarta parte dos usuarios.