Cabaleiros, viquingos e samurais bátense corpo a corpo en For Honor
martes, 14 de febreiro do 2017
Por
fin sae a venda un dos grandes xogos de Ubisoft para a primeira metade do ano, For Honor, que xa podemos mercar
para PlayStation 4, Xbox
One e PC,
e que somerxe ao xogador no caos dunha encarnizada guerra entre cabaleiros
medievais, viquingos e samurais, estilos de combate que poranse a proba no
corpo a corpo para comprobar dun xeito moi inmersivo como chegaron a destacar
entre os mellores guerreiros da historia da humanidade.
O xogo conta cun innovador sistema de control coñecido como A Arte da Batalla, que dá un control
total dos guerreiros e das súas distintas habilidades e armas, transmitindo con
grande realismo a intensidade do combate, tanto na súa campaña para un xogador
como no seu emocionante modo multixogador.
For Honor permite elixir entre 12
heroes a manexar (con cadanseu conxunto de armas e estilo de combate) e que na
súa campaña permitirán que vexamos con detalle cada unha das faccións que
compoñen esta guerra ficticia na que veremos dende o asalto a fortalezas até
duelos de grande intensidade, sendo o obxectivo final facer fracasar os plans
das sanguinaria señora da guerra Apollyon.
O multixogador tamén será moi completo, con 5 modos de xogo: Dominio (4 contra
4), Pelexa (2 contra 2), Duelo (1 contra un), combate a morte por equipos (4
contra 4) e Eliminación (4 contra 4).
Tráiler de For Honor