Cae a cotización de Apple por mor dos novos aranceis a China
martes, 8 de abril do 2025
- A cotización bolsista de Apple caeu a niveis de hai 11 meses
Nas últimas horas confirmáronse os maiores temores dos mercados internacionais ao aprobar a Casa Branca un incremento dos aranceis a China que entrarÃan en vigor de madrugada, asà como tamén un importante cambio nos impostos que pagarán os produtos de baixo custo (coñecidos como minimis) que son a base de negocios como Shein e Temu.
Que as importacións dende China a EE.UU. vaian ter que pagar uns aranceis do 104% afectarÃa especialmente a Apple, ou asà o ven os mercados, que están a penalizar á compañÃa de Cupertino cunha caÃda do seu valor bolsista até os 172,42 dólares, valor que non tiña dende hai 11 meses, froito de varios dÃas consecutivos de caÃda que provocaron que Apple cedese o posto de liderado do NASDAQ a Microsoft, compañÃa que, pese a estar tamén a caer, non depende tanto dos aranceis, polo conseguiu manter unha capitalización bolsista de 2,6 billóns de dólares. Apple queda nunha capitalización de 2,59 billóns de dólares, quedando moi lonxe dos 3,2 billóns do pasado decembro.
Apple estarÃa a vivir este complicado momento con contradicións, xa que mentres os mercados castigan á compañÃa, os consumidores están a acudir en masa ás tendas estadounidenses a mercar smartphones para adiantarse a unha posible suba de prezos; e hai medios que apuntan a que nos últimos dÃas terÃan saÃdo da India 3 avións cheos de iPhones para EE.UU. coa intención de ter grandes existencias do seu produto estrela libres dos novos aranceis, dando asà tempo á compañÃa a reaccionar ao novo escenario que aÃnda é demasiado cambiante (pois aÃnda se descoñece a reacción da China ante as novas taxas arancelarias).