Caixa externa para protexer un disco duro con chaves RFID
venres, 18 de xaneiro do 2008
Os usuarios que desexen transportar datos de xeito
seguro poden optar por comprar unha caixa para discos duros de 2,5 polgadas que
emprega tecnoloxía RFID para cifrar os contidos do disco que se monte na mesma,
de xeito que hai que empregar unha chave por radiofrecuencia para poder acceder
ós datos que se garden no disco (de non usarse a chave, o equipo ó que se
conecte detectará un disco sen formato).
O STYSEN E08
RFID se vende a 56 dólares (37,81 euros) e funciona con discos duros Serial
ATA de 2,5”,
é compatible con Windows e Mac, mide 132 x 81,7 x 14,2 mm e pesa 92 gramos. Conéctase ó PC
a través dun porto USB 2.0 e para evitar problemas, o disco duro inclúe dúas
chaves RFID (para gardar unha en caso de perda).