Call of Duty: Black Ops II non funcionará en Windows XP

luns, 3 de setembro do 2012 Marcus Fernández

O 13 de novembro chegará ás tendas españolas o xogo Call of Duty: Black Ops II¸que non só destaca por situar a acción nun futuro próximo nunha suposta Guerra Fría do Século XXI, o que permítelle incorporar moitas novidades no que a armamento e vehículos se refire, senón que está a resultar moi relevante polo feito que que as súas especificacións técnicas para PC veñen de ser publicadas, deixando fóra aos ordenadores que corran con Windows XP, pois ao facer uso de DirectX 11 o título precisa de Windows Vista S2 ou Windows 7 como mínimo para poder funcionar no PC.
O título non é especialmente esixente no tocante ao hardware (pode correr nun equipo cun procesador Intel Core2 Duo a 2,66 GHz con 2 Gb de RAM) pero dicir adeus a XP dende unha franquía de tanta importancia é un sinal claro de que o vello sistema operativo de Microsoft está a comezar a despedirse dos usuarios, en boa medida polo ben que o público acolleu Windows 7.


Trailer do modo multixogador de Call of Duty: Black Ops II

Drons e numeroso armamento farán acto de presenza no xogo grazas á súa ambientación nun futuro próximo

PUBLICIDADE