Call of Duty: Black Ops</Em> estrea un novo DLC zombi

mércores, 24 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Os xogadores de Call of Duty: Black Ops xa poden adquirir o cuarto paquete de contidos descargables para Xbox 360, Rezurrection, que inclúe unha temática zombi inédita (Moon), así como catro niveis zombi remasterizados, unha banda sonora zombi e un tema do nivel Moon.
Moon inclúe todo un arsenal de armas novas e futuristas, así como hordas de mortos viventes nun escenario sen gravidade, ofrecendo a experiencia Black Ops máis completa e visceral creada ata o momento, permitindo aos xogadores rememorar o pesadelo de Nacht de Untoten (a noite dos non mortos), fuxindo dos zombis que hai espallados no asilo de Verrückt, revivir a batalla do exército imperial zombi de Shi No Numa ou retomar o punto de partida dos escenarios dos non mortos con Der Riese, a fábrica na que apareceron as primeiras hordas zombi.
Este novo contido descargable pode adquirirse por 1.200 puntos (14,4 euros), e para estrealo por todo o alto publicaron un divertido anuncio moi cinematográfico (non apto para todos os públicos):

En Rezurection podemos volver á fábrica na que apareceron as primeiras hordas zombi en Call of Duty

PUBLICIDADE