Call of Duty: Ghosts</Em> chega ás tendas
martes, 5 de novembro do 2013- Persoal de GAME colocando o novo xogo nos estantes de cara ao seu lanzamento
Un dos xogos máis agardados do ano e que será sen dúbida un
dos supervendas da campaña de Nadal, Call of Duty: Ghosts,
chega hoxe ás tendas, precedido de numerosas
festas de lanzamento por todo o mundo para celebrar a estrea deste tÃtulo
desenvolvido por Infinity Ward e publicado por Activision, que desta volta
estea novos escenarios, novos protagonistas e novo motor que achega animacións
a 60 cadros por segundo en todas as plataformas. Os xogadores que gocen do seu
modo en liña durante a vindeira fin de semana recibirán o dobre de puntos de
experiencia como promoción de lanzamento.
Call of Duty: Ghosts conta con
versións para Xbox 360, PlayStation 3, PC e Wii U, e tamén estará dispoñible
para as nova Xbox One e PlayStation 4. Nesta nova experiencia ofrece unha
dinámica na que os xogadores deberán loitar pola supervivencia dez anos despois
dun devastador ataque que reescribiu as fronteiras e o equilibrio mundial no
que un misterioso grupo clandestino de forzas especiais (Ghosts) lidera un ataque contra un exército tecnoloxicamente
superior.
- A pasada noite celebrouse a estrea do xogo en numerosas tendas de todo o mundo
Último trailer de Call of Duty: Ghosts