Call of Duty cambia de rumbo para evitar que a franquÃa esmoreza
mércores, 10 de decembro do 2025
O equipo responsable de Call of Duty publicou unha mensaxe dirixida á súa comunidade na que agradece as opinións recibidas nos últimos meses e recoñece que a franquÃa non cumpriu plenamente as expectativas dunha parte dos seus seguidores. A compañÃa asegura que ten claro o nivel de esixencia da comunidade e comprométese a «cumprir, e mesmo superar, esas expectativas» nos vindeiros anos.
No comunicado salientan que Black Ops 7 aspira a ser un sucesor espiritual de Black Ops 2, un obxectivo no que os estudios implicados, segundo afirman, puxeron toda a súa dedicación. Porén, destacan que o xuÃzo definitivo corresponde aos xogadores e que, por iso, activarán medidas para que o público poida comprobar por si mesmo o resultado.
A partir da vindeira semana abrirase unha proba gratuÃta de Black Ops 7 que permitirá acceder aos modos Multixogador e Zombis, acompañada dunha fin de semana na que a experiencia puntúe dobre. O obxectivo é facilitar que todos os interesados poidan experimentar o xogo directamente antes de tomar unha decisión.
A compañÃa tamén indica que está a apostar por un soporte estacional sen precedentes. A primeira tempada, que cualifican como «a máis ambiciosa de sempre», irá evolucionando de acordo coas achegas da comunidade ao longo dos próximos meses. «Non descansaremos ata que Black Ops 7 gañe o seu lugar entre os mellores Black Ops que fixemos», sinalan.
Nun movemento de maior alcance, Activision anuncia un cambio profundo na súa estratexia de lanzamentos. A partir de agora deixarán de alternar entregas consecutivas das liñas Modern Warfare e Black Ops para garantir que cada tÃtulo anual ofreza unha experiencia «absolutamente única». A empresa afirma que impulsará innovacións «significativas e non incrementais», aÃnda que non adiantan polo momento detalles concretos desta nova etapa.
A mensaxe remata cunha declaración de optimismo sobre o futuro da saga. Activision sostén que a marca se atopa nun momento de transición cara a «unha nova era de Call of Duty», deseñada para responder con precisión ao que pide a súa base de xogadores e incorporar sorpresas que impulsen tanto a franquÃa como o xénero.
Cómpre salientar que os responsables de Call of Duty están a entoar un mea culpa, pois son conscientes de que a súa franquÃa está a perder peso pola súa deficiente estratexia e non polo éxito dos seus competidores, que están a saber tirar proveito da situación: Battlefield 6 e Arc Raiders tiveron unhas vendas millonarias de lanzamento, algo difÃcil de conseguir nos bos momentos de Call of Duty.
