Call of Duty: Warzone para móbiles xa ten data de despedida
luns, 16 de febreiro do 2026
O ano pasado Activision anunciou que Call of Duty: Warzone Mobile deixarÃa de recibir contido novo, dando por perdida a versión móbil deste free-to-play que tan ben funciona en ordenadores e consolas, e aÃnda que xa leva moitos meses fóra das tendas de aplicacións, agora é cando concretan a data de apagamento dos seus servidores: o 17 de abril.
Nos vindeiros dÃas os usuarios poderán botar as súas últimas partidas a este xogo que, pese a conseguir trasladar con dignidade a fórmula de Warzone a dispositivos móbiles, non conseguiu tracción dabondo como para que Activision considerase que era un bo negocio. Non ter cuberto as expectativas fai que finalmente pechen os servidores que sosteñen o xogo en liña, polo que o tÃtulo deixará de estar operativo.
Dende Activision lembran que, aÃnda que pechasen a versión móbil de Warzone, segue a estar dispoñible Call of Duty: Mobile para dispositivos móbiles (e Warzone para PC e consolas).
