Cámara compacta de Nikon con zoom de 18x e alta sensibilidade

mércores, 9 de febreiro do 2011 Marcus Fernández

Nikon está a estrear unha nova liña de cámaras dixitais, que chegarán ao mercado no mes de marzo, e entre as que destaca especialmente a COOLPIX S9100, que pese a ser compacta conta cun impresionante obxectivo retráctil que achega un zoom óptico de 18x á vez que goza dun bo grande angular, de xeito que adaptaríase a case calquera situación, permitindo non só captar instantáneas de 12,1 Mpíxeles grazas ao seu sensor de imaxe CMOS retroiluminado (que incrementa a cantidade de luz recibida por cada píxel, para mellorar a sensibilidade e reducir os desenfoques), senón que tamén pode gravar vídeo a 1.080p con son estéreo.
A cámara tamén conta con prestacións avanzadas como o disparo de varias imaxes consecutivas con distintas configuracións de exposición (e flash) para compor imaxes claras incluso con pouca luz, contando tamén cun sistema híbrido de redución da vibración, unha sensibilidade moi elevada (ata 3.200 ISO) e modos de disparo para distintas situacións (retrato nocturno, paisaxe nocturna e HDR).
A Nikon COOLPIX S9100 chegará o 17 de marzo ás tendas a un prezo de 348 euros en 3 cores (vermello, negro e prata escuro).

PUBLICIDADE