Cámara de vÃdeo optimizada para YouTube
martes, 30 de setembro do 2008
AÃnda que cada
dÃa se vendan máis cámaras de vÃdeo de alta definición, para os usuarios menos
esixentes continúan a aparecer dispositivos optimizados, entre outras cousas,
para a publicación das gravacións na Internet, e dentro desta liña de produtos
temos agora a cámara Samsung
VM-MX25E, que grava en formato H.264 a 640 x 480 pÃxeles , gardando
os contidos en tarxetas MMC+, SD, SDHC de ata 32 Gb.
A cámara conta con pantalla LCD de 2,7 polgadas, zoom óptico de 34x, unha autonomÃa de 3 horas de gravación e pode
subir a Youtube os contidos gravados de xeito rápido e doado. Mide
125 x60 x 60,5 mm, pesa só 270 gramos e se
pode mercar en cor vermella ou negra por uns 340 dólares.