Cámara dixital de Hello Kitty

xoves, 6 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Para celebrar o 35º aniversario de Hello Kitty Casio anuncia unha versión especial da súa cámara Exilim EX-Z2 de cor rosa, con cristais de Swarovski e decorada con motivos do popular personaxe deseñado por Ikuko Shimizu e explotado internacionalmente por Sanrio.
Aparte do seu curioso deseño, a cámara conta cun sensor de 12,1 Mpíxeles, zoom de 3x, pantalla LCD de 2,7 polgadas, gravación de vídeo en 3 modos (848 x 480 para vídeo panorámico, 640 x 480 para vídeo estándar e 320 x 240 para alta duración) e modo de uso doado. Aínda que estas características non impresionan, si o fai o seu prezo, pois inicialmente a cámara (que xa poden reservarse) custará uns 500 dólares.

PUBLICIDADE