Cambre achega tres cursos para acelerar a transformación tecnolóxica das empresas
martes, 12 de xaneiro do 2021
O
Concello
de Cambre vai comezar o ano con formación tecnolóxica para
favorecer a revitalización e a transformación do tecido produtivo
local. Estamos a falar do programa Cambre Dixital Empresas, que,
segundo informou o local, xa acadou a inscrición de medio cento de
empresas do termo municipal para participaren nos diferentes cursos
que se ofrecen. O programa inclúe tres accións formativas: unha de
transformación dixital, outra sobre certificados dixitais e
sinaturas electrónicas e outra sobre Administración Electrónica.
Os
cursos desenvolveranse estes meses de xaneiro e febreiro. O primeiro
en comezar será o de Xestión do cambio e transformación dixital
(18 e 21 de xaneiro) para logo iniciarse o de Certificado dixital
e firma electrónica (25 e 28 de xaneiro). Días máis tarde
chegará o de Administración Electrónica (1 e
4 de febreiro).
O
obxectivo é “axudar ás empresas a adaptarse ao novo contexto
económico xerado pola COVID-19”, optimizando a súa
competitividade e a súa rendibilidade.
Unha
vez rematen os cursos, o Concello levará a cabo as seguintes
charlas:
·
Identidade, marca persoal da empresa (8 de febreiro).
·
Neuromarketing, unha forma de vender baseada na neurociencia
(10 de febreiro)
· O
camiño do cliente: como fidelizar aos clientes (15 de febreiro).
·
Omnicanalidad, estratexia para ofrecer un mellor servizo (17
de febreiro).
·
Como deseñar propostas de valor atractivas para os clientes (22
de febreiro).
·
Escaparatismo dixital (24 de febreiro).
Quen
desexe máis información pode obtela a través de ald@cambre.org e
do teléfono 981 613 196.