Camina Conmigo loita contra o sedentarismo dende a Nintendo DS
martes, 27 de xaneiro do 2009Moitos dos
grandes tÃtulos para Nintendo DS non son precisamente videoxogos, de xeito que
se centran en actividades para manter activo o cerebro, cociñar, deixar de
fumar, etc., polo que non sorprende que agora queiran trasladar a filosofÃa do Wii Fit á pequena consola portátil, e
asà en breve lanzarán un programa que incluirá un par de podómetros (presentados o pasado mes de
outubro) para instar ao usuario a facer exercicio.
Camina
Conmigo quere mellorar a saúde e o ritmo de vida do usuario
loitando contra o sedentarismo. AsÃ, o usuario pode facer exercicio levando
enriba un dos medidores de actividade
incluÃdos que, ao conectalos á Nintendo DS transmitirán o rexistro da
actividade fÃsica para que o software
o analice nunha serie de gráficas, animando ao usuario a chegar a uns
obxectivos, á vez que tamén presenta consellos e recomendacións para controlar
a actividade fÃsica.
A aplicación tamén permite comparar os nosos resultados cos de amigos e
familiares (ou incluso mascotas), achega os Miis á Nintendo DS (podendo
transferirse dende a Canle Mii da Wii) e incluso comparar os nosos rexistros
cun ranking mundial a través da Conexión Wi-Fi de Nintendo.
A partir do 20 de febreiro poderase mercar en España o paquete de Camina Conmigo con 2 medidores de actividade a un prezo
recomendado de 49,95 euros.
- O xogo permite comparar os resultados de 4 usuarios distintos na mesma consola