Cancelan a feira nVISION’09 por mor da crise

luns, 16 de marzo do 2009

No terceiro trimestre do ano agardábase a celebración da feira tecnolóxica nVISION, centrada no mundo do proceso gráfico e da tecnoloxía visual e organizada por nVIDIA, pero finalmente a compañía decidiu cancelar a edición de 2009 para reducir custos.
A organización prevía unha redución no número de asistentes para este grande evento, polo que optará pola organización de actos de menor escala no outono.

PUBLICIDADE