Cancelan a versión para Stadia de Terraria por problemas con Google
luns, 8 de febreiro do 2021
Calquera pode ter problemas coa súa conta de usuario nalgún
dos máis populares servizos en liña, para padecer serios problemas á hora de
recibir soporte para, por exemplo, recuperar unha conta roubada ou recibir
explicacións ante un bloqueo realizado sen previo aviso, e o último en padecer unha
situación semellante foi Andrew Spinks, fundador do estudio independente de
videoxogos Re-Logic, quen leva 3 semanas
sen poder acceder á súa conta de Google, situación que levoulle a reaccionar
dun xeito drástico, que deberÃa levar a que o xigante de Mountain View
reflexionase sobre como está a tratar aos seus usuarios.
Spinks explicou que hai 3 semanas a súa conta de Google desactivouse, sen saber
a causa, e procurou por todas as vÃas posibles resolver a situación, sen
recibir ningunha solución. A situación para Spinks é dramática, xa que perdeu o
acceso dende o seu móbil a milleiros de dólares en aplicacións adquiridas a
través de Google Play, non ten acceso aos seus datos en Google Drive, non pode
acceder á súa canle de YouTube e tampouco ten acceso á súa conta de correo
electrónico de Gmail que vén usando dende hai 15 anos, situación que considera
inaceptable, e que lévoulle a tomar medidas exemplares, xa que sabedor que non
violou as condicións dos servizos de Google, e vendo o desprezo co que Google trata
aos usuarios, decidiu que a súa compañÃa non traballará para ningunha das súas
plataformas, ou sexa, que cancela o
lanzamento do xogo Terraria para Stadia (que segundo certas
filtracións estaba a piques de ver a luz).
Terraria é un dos xogos
independentes máis reputados dos últimos anos, con versións para PC, Android,
iOS, Xbox, PlayStation e Switch, acumulando máis de 30 millóns de copias
vendidas, e que agora vai pasar á historia por empregarse como arma para
denunciar o abandono que padecemos os usuarios por mor do deficiente servizo de
atención ao cliente que ofrecen moitos servizos en liña.