Cancelan as versións para Mac e Linux de Batman: Arkham Knight
xoves, 4 de febreiro do 2016
Se un xogo de primeira liña deu problemas na súa versión
para ordenadores persoais nos últimos anos deu especiais problemas, non parece
haber ningunha dúbida de que este foi Batman: Arkham Knight, que
era a despedida de Rocksteady a esta grande saga que tan boa aceptación tivo de
crÃtica e público, e que claramente estreou unha versión para PC sen rematar, que forzou á súa retirada
das tendas, para relanzala bastantes meses despois, para frustración de moitos
compradores que tamén tiveron que padecer retrasos na dispoñibilidade dos
contidos descargables para o xogo (conxelados até o seu relanzamento).
Agora que parecÃa que Batman: Arkham
Knight xa era un tÃtulo libre de grandes problemas, chega unha mala nova
para os que estaban a esperar a adaptación deste xogo a novas plataformas, xa
que dende Warner Bros Interactive anuncian
a cancelación das versións para OS X e Linux deste xogo, recomendado aos
xogadores que o reservasen que soliciten a devolución dos cartos.
É habitual que as versións para Mac ou Linux dun xogo chegue máis tarde do
esperado, pero non é tan habitual que, tras anunciarse o seu desenvolvemento,
este cancélese, aÃnda que esta franquÃa xa tivo problemas semellantes no
pasado, e na anterior entrega, Batman:
Arkham Origins, a versión de Wii U xa veu como se cancelaba o seu pase de
tempada, para frustración dos que decidiran facerse co xogo na consola de
Nintendo.