Cancelan o desenvolvemento de Gun Loco

venres, 18 de marzo do 2011 Marcus Fernández

A páxina web do xogo Gun Loco que anunciárase o pasado mes de agosto durante a Gamescom e do que puido verse unha versión de demostración multixogador durante a pasada edición do Tokyo Game Show (sorprendía pola súa violencia, xa que o estudo Square Enix non destacaba precisamente en xogos deste tipo), proclama que este xogo para Xbox 360 vén de ser cancelado sen maiores explicacións, o que resulta bastante abraiante por ser un produto cun desenvolvemento tan avanzado.
É de agardar que nos vindeiros días dean detalles sobre a cancelación dun xogo que resultaba rechamante pola súa estética (a medio camiño entre o realismo e a caricatura), prometendo moitas horas de diversión e destrución, aínda que dentro dun xénero que non ten moito éxito no mercado asiático.

O deseño de personaxes e a violencia serán a marca da casa neste novo título de Square Enix

PUBLICIDADE