Cancélase, por mor do COVID-19, a segunda edición de ApuntasTech?

martes, 7 de abril do 2020 S. P.

A segunda edición do concurso ApuntasTech?, unha das grandes actividades de divulgación tecnolóxica da tempada, tivo que se cancelada debido ao Estado de Alarma polo coronavirus. A organización (o CESGA en colaboración coa Secretaría de Igualdade da Xunta de Galicia, CPEIG, a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas - Nodo Galicia e a Asociación Puntogal) decidiu pospoñer a celebración do certame ao ano vindeiro, “polas dificultades para convocar as ideas do alumnado de Primaria e Secundaria nun intre no que non están nos centros escolares”.
Como lembraremos, o concurso está destinado a promover vocacións tecnolóxicas femininas. O seu obxecto principal é xerar un catálogo de propostas concretas que axuden a espertar o entusiasmo pola tecnoloxía e alentar as vocacións tecnolóxicas temperás, principalmente entre as nenas de 10 a 15 anos (5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º da ESO).
A organización agradece a participación no concurso e anima aos estudantes e docentes a presentar as súas ideas para a vindeira edición.

PUBLICIDADE