Canon lanza unha aplicación para usar as súas cámaras a xeito de webcams USB
mércores, 29 de abril do 2020
Conscientes
das dificultades para atopar unha webcam no mercado actualmente, dende Canon
quixeron facer a vida máis fácil aos seus clientes, e publicaron
unha nova aplicación en proba que permite converter varias das súas cámaras dixitais
en cámaras USB para asà poder empregalas como unhas webcams de grande
calidade, o que resulta especialmente práctico en ordenadores de sobremesa que
habitualmente non están dotados de cámara web.
Coa
nova aplicación chega con conectar a cámara (en modo pelÃcula) ao ordenador
por USB para poder configurala como unha cámara web ordinaria e asà poder
empregala na nosa aplicación de videoconferencia favorita, sen precisar de
ningún tipo de capturadora ou accesorio semellante.
Entre as cámaras de Canon compatibles coa nova aplicación están dende a compacta
PowerShot G5X Mark 1 até a cámara sen espello EOS R, pasando por réflex como a EOS
90D, equipos que xa empregaban moitos creadores de contidos para retransmisións
en vivo, pero para o que empregaban as saÃdas HDMI das cámaras a través dunha
capturadora, cando agora chega con instalar unha simple aplicación que permite
recoñecer estes dispostiivos como webcams, o que resulta extraordinariamente
práctico nun momento no que as webcams son un produto con serios problemas de
abastecemento.
VÃdeo coa explicación do funcionamento da nova aplicación de Canon