Canon presenta un par de cámaras instantáneas
xoves, 28 de marzo do 2019- A Canon Zoemini S integra un espello que facilita o disparo de selfies
AÃnda que
as cámaras fotográficas instantáneas sexan cousa do pasado, existen unha certa
tendencia nostálxica que as recupera combinando cámaras dixitais con impresoras
fotográficas, e aÃnda que este mercado é bastante reducido, Canon considerou axeitado
introducir no mesmo un par de cámaras instant,
a Canon Zoemini S e a Canon Zoemini C.
A Canon Zoemini S é ideal
para os que desexen captar, imprimir e compartir as súas aventuras durante as
vacacións, un selfie espontáneo,
fotos con amigos... para o que temos unha cámara cun sensor de 8 MpÃxeles , un
espello na parte frontal, un flash anular e a capacidade de disparo a distancia
(coa aplicación móbil Canon Mini Print).
Esta cámara preséntase en acabados en 3 cores distintas, comunÃcase por
Bluetooth co móbil para poder imprimir dende o mesmo imaxes aplicándolles
filtros ou realizando composicións, e imprime con tecnoloxÃa Zink (ou sexa, sen
tinta), vendéndose cun paquete de 10 follas de papel para impresión Zink (de 5
x 7,6 centÃmetros) con adhesivo posterior.
A Canon Zoemini C é unha
versión máis sinxela, que limÃtase a disparar fotografÃas de 5 MpÃxeles,
prescinde de Bluetooth para o seu control remoto (e o uso a xeito de impresora
dende o móbil) e venderase con acabados en 4 cores distintas.
Ambas cámaras instant de Canon poranse
á venda en abril tanto na páxina web de Canon como a través de distribuidores
autorizados.
- Canon reforza o seu catálogo de cámaras instant cun par de modelos con prestacións bastante diferentes
- As fotografÃas destas cámaras poden imprimirse en papel adhesivo