Canon presenta a súa primeira cámara sen espello de fotograma completo
mércores, 5 de setembro do 2018
Canon está a dar un grande paso adiante nas súas cámaras
dixitais estreando unha nova familia de cámaras, as EOS R, que estrea un sistema de
montura de obxectivo RF (que conserva a compatibilidade coas gamas EF e EF-S
empregando un adaptador) e chega cun sensor de 30,3 MpÃxeles full frame (36 x 24 milÃmetros) con Dual
Pixel CMOS AF, conseguindo asà un enroque rápido e preciso á vez que captura en
alta resolución.
O sistema EOS R ofrece
obxectivos con grande capacidade de resposta e gravación de vÃdeo 4K (en arquivos
de 10 bits), de xeito que resulta atractivo tanto para fotógrafos como para
creadores de vÃdeo.
A Canon EOS R é unha cámara sen espello,
ou sexa, que pese a ser full frame
consegue un tamaño e un peso moi contidos, converténdose nun equipo máis
versátil e práctico que a meirande parte das cámaras réflex. Mide 135,8 x 98,3
x 84,4 milÃmetros, pesa uns 580 gramos, pode disparar até 8 fotografÃas por
segundo, integra conectividade Wi-Fi e Bluetooth, o seu visor ten unha
resolución de 3,69 MpÃxeles, a súa pantalla LCD traseira queda nos 2,1 MpÃxeles
cunha diagonal de 3,15 polgadas, integra flash, pode conectarse ao ordenador
por USB-C e tamén conta con saÃda HDMI e entrada para micrófono externo.
Está
previsto que a cámara Canon EOS R chegue ao mercado en outubro a un prezo de
2.299 dólares (o corpo) ou de 3.399 dólares (cun obxectivo RF 24-105mm F4 L
IS USM), e confÃase en que marque unha liña de cara o futuro das cámaras fotográficas
dixitais.
- As Canon EOS R conseguen a excelencia dos sensores full frame nun corpo compacto
- A EOS R supón a estrea de toda unha gama de cámaras e obxectivos de Canon
VÃdeo de presentación da Canon EOS R