Canva revoluciona o seu ecosistema de creación dixital
xoves, 30 de outubro do 2025
Canva anunciou o lanzamento do seu novo Sistema Operativo Creativo, que representa a maior evolución da compañÃa ata o momento. Con esta iniciativa, a empresa reúne máis dunha década de innovación e incorpora unha serie de funcións deseñadas para potenciar a creatividade e a colaboración a todos os niveis.
Baseado no primeiro Modelo de Deseño de Canva do mundo, desenvolvido pola propia compañÃa, este sistema integra todas as fases do proceso creativo, desde o deseño e a coordinación ata a publicación e a análise de resultados. O obxectivo é ofrecer un xeito máis rápido, intelixente e conectado de crear, no que a creatividade humana siga a liderar mentres a intelixencia artificial amplÃa as posibilidades.
No corazón deste novo ecosistema atópase unha Suite Visual renovada, que amplÃa as posibilidades en formatos como vÃdeo, correo electrónico, código e formularios. Entre as novidades destacan VÃdeos 2.0, un editor completamente redeseñado que simplifica a creación de contidos audiovisuais; a nova ferramenta de deseño de correos electrónicos, que permite crear mensaxes personalizadas sen coñecementos de programación; e os formularios integrados, que recollen datos directamente dentro da plataforma e os sincronizan con follas de cálculo de Canva. Ademais, Canva Code agora pode conectarse a estas follas para crear paneis, calculadoras ou aplicacións interactivas que se actualizan en tempo real.
Un dos eixos principais deste lanzamento é a nova xeración de intelixencia artificial desenvolvida especificamente para o deseño. O Modelo de Deseño de Canva comprende a lóxica visual e pode xerar composicións editables en segundos. A IA tamén está presente en todo o proceso creativo: permite xerar imaxes, vÃdeos ou gráficos tridimensionais directamente sobre o lenzo e adaptar automaticamente o estilo ao da marca. Ademais, coa función PÃdello a Canva, é posible solicitar suxestións e modificacións en tempo real simplemente mencionando @Canva.
A compañÃa tamén reforza o seu posicionamento como plataforma integral de márketing coa incorporación de Canva Campañas, unha ferramenta que permite crear, publicar e analizar campañas publicitarias desde un mesmo espazo. Esta función, impulsada por IA, aprende dos datos de rendemento para optimizar os resultados e manter a coherencia de marca. O novo plan Canva Business, situado entre Canva Pro e Canva Enterprise, está pensado para profesionais e pequenos equipos e ofrece máis almacenamento, uso ampliado de IA e ferramentas de análise e xestión de marca.
Outro anuncio destacado é o novo Affinity, que pasa a ser de balde para sempre (o que xa anticiparan hai unhas semanas ofrecendo de balde as aplicacións para iPad). Esta versión unifica nunha mesma plataforma as ferramentas profesionais de edición vectorial, manipulación de imaxes e maquetación avanzada, e permite integrar directamente os proxectos en Canva para colaborar e publicar con facilidade.
