Capcom anuncia o remake do clásico Resident Evil

martes, 5 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Os afeccionados dos survival horror levan anos queixándose de que o xénero degradou en shooters en primeira persoa, e para que os nostálxicos poidan recuperar os clásicos en máquinas actuais anuncian hoxe que a primeiros de 2015 teremos en Europa unha edición remasterizada do primeiro Resident Evil para PS3, PS4, Xbox 360, Xbox One e PC, que poderá mercarse en formato descargable.
Este xogo de 1996 xa contara cunha revisión en 2002 (para GameCube), e con esta nova adaptación lucirá novos modelos 3D, actualización de texturas, unha resolución de 1080p nas máquinas de nova xeración, son envolvente 5.1 totalmente remasterizado e incluso a opción de poder gozar deste título coa súa relación de aspecto orixinal (4:3) ou en formato panorámica (16:9). Tamén será posible xogar co sistema de control orixinal, ou empregando un sistema alternativo no que podemos desprazarnos cos mandos analóxicos (que é o habitual nos xogos actuais).


Vídeo de presentación do remake de Resident Evil

PUBLICIDADE