Capcom celebra o 25º aniversario de Street Fighter cun completo pack para coleccionistas

mércores, 23 de maio do 2012 Marcus Fernández

Para celebrar o 25º aniversario da saga Street Fighter o 18 de setembro Capcom vai comercializar unha edición especial para coleccionistas que por 149,99 dólares (119,07 euros) inclúe os xogos Street Fighter X Tekken (con todos os seus contidos descargables), Super Street Fighter IV Arcade Edition (con todos os contidos descargables de traxes), Super Street Fighter II Turbo HD Remix e Street Fighter III: Third Strike Online Edition en versións para Xbox 360 ou PlayStation 3 nunha caixa que tamén incluirá unha réplica do cinto de Ryu, un documental el formato Blu-ray, a serie de animación completa de Street Fighter, 3 películas de anime (Street Fighter IV, Super Street Fighter IV e Street Fighter II: The Animated Movie), a banda sonora da saga repartido en 11 CD, un libro de ilustracións de 64 páxinas en tapa dura e unha figura de 20 centímetros de altura de Ryu facendo un shoryuken.
Nun principio só está confirmada a comercialización desta edición para coleccionistas nos EE.UU., pero é de agardar que tamén chegue a Europa, e aínda que pareza un produto moi caro, inclúe tantos contidos que non sería de sorprender que se esgotase antes do seu lanzamento.


Vídeo de presentación deste lote en edición limitada que celebra o 25º aniversario de Street Fighter

Os contidos desta edición especial son moi completos

PUBLICIDADE