Capcom está a remasterizar o xogo de PatoAventuras

luns, 25 de marzo do 2013 Marcus Fernández

A serie de televisión DuckTales (PatoAventuras en español) tivo en 1990 unha conversión en forma de vídeoxogo para a primeira consola doméstica de Nintendo que o vindeiro verán vai volver á vida grazas a WayForward e Capcom, compañías que anunciaron estes días que están a traballar en DuckTales Remastered, unha adaptación do devandito xogo para Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U que mantendo a súa mecánica, pero gozando duns gráficos completamente renovados grazas a un traballo de animación debuxada a man para reflectir con grande rigor os personaxes da Disney (o que aínda será máis fiel nos EE.UU., onde recuperan ao actor que puña a voz ao Tío Gilito para rememorar a este personaxe).
DuckTales Remastered poderase mercar a partir do verán nas tendas de descargas das consolas domésticas actuais, a un prezo de 1.200 Microsoft Points ou uns 15 euros. Velaquí o trailer que amosa o que poderemos ver nesta brillante remasterización:

Comparación entre os gráficos do xogo orixinal e a súa remasterización
O xogo manterá a súa mecánica, pero gozando duns gráficos debuxados a man

PUBLICIDADE