Capcom presenta novidades dos seus vindeiros xogos
martes, 14 de xuño do 2022
As grandes compañÃas de videoxogos continúan a realizar anuncios
estes dÃas pese a non celebrarse a feira E3, e dende Capcom organizaron un Showcase
para deixar que os seus seareiros puidesen botar unha ollada a Monster
Hunter Rise: Sunbreak (que sairá á venda o 30 de xuño); presentaron Resident
Evil Village Gold Edition e a súa expansión dos Winters; amosaron como será
Resident Evil 4; deron conta de que o xogo de dinosauros Exoprimal
iniciará a súa beta pechada o mes que vén; e incluso realizaron distintos
anuncios sobre Street Fighter 6, Capcom Fighting Collection (que
sairá á venda o 24 de xuño) e Capcom Arcade 2nd Stadium (dispoñible
dende o 22 de xullo).
Resident Evil
Para moitos, o máis agardado da presentación de Capcom era o
relativo á franquÃa de Resident Evil,
que consegue manterse de actualidade pese á súa lonxevidade, e do que a súa
última entrega, Resident Evil Village terá a expansión dos Winters o 28
de outubro (que continuará a historia con Shadows of Rose, aventura
protagonizada por Rose Winters, filla do protagonista do xogo orixinal e
ambientada 16 anos despois). O 28 de outubro tamén sairá Resident Evil Re:Verse,
experiencia multixogador de balde para os usuarios de Resident Evil Village.
Sobre Resident Evil 4 tamén amosaron detalles que deixan claro que
estamos ante un xogo con bastantes cambios con respecto á súa edición clásico,
polo que estamos ante unha reimaxinación moderna en vez de ante unha simple
remasterización. Está previsto que o xogo saia o 24 de marzo de 2023.
Pola contra, os xogos Resident Evil 2, Resident Evil 3 e Resident
Evil 7 Biohazard, bastante recentes, chegaron
hoxe mesmo a PlayStation 5 e Xbox Series X|S, con gráficos 4K, trazado de
raios, alta velocidade de fotogramas e audio 3D, podendo actualizar de balde a
estes xogos quen os tivese en dixital para consolas da anterior xeración.
- Os xogos Resident Evil 2, Resident Evil 3 e Resident Evil 7 Biohazard chegaron hoxe mesmo a consolas de nova xeración
O Capcom Showcase en vÃdeo