Capturadora de vídeo procedente de consolas de videoxogos

martes, 15 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Os afeccionados aos videoxogos que gusten de capturar as súas partidas en vídeo poderán facerse en breve co Roxio Game Capture, un pequeno dispositivo que sorprende por manter o seu prezo por debaixo dos 100 dólares, e que pode conectarse ao PC encargado da gravación en tempo real cun único cable USB, mentres que ás consolas de videoxogos Xbox 360 ou PlayStation 3 podemos empregar cables de vídeo por compoñentes e de audio RCA.
A simplicidade deste sistema limita as gravacións a vídeo de definición estándar en formatos AVI, DV-AVI, WMV, DivX e MP4, podendo tamén tomar capturas de pantalla en JPEG, PNG, TIFF, GIF e BMP. As limitacións desta solución son unha clara consecuencia do seu prezo (99 dólares) polo que os que desexen unha solución semellante, pero con soporte de vídeo en alta definición, poden optar por solucións máis completas como a de Hauppauge da que falamos hai uns meses.

Diagrama de conexións do Roxio Game Capture

PUBLICIDADE