Carcasa USB 3.0 para unidades de 2,5 polgadas
luns, 11 de xullo do 2011
Para poder utilizar externamente discos duros ou unidades SSD de 2,5
polgadas é posible adquirir por
uns 25 euros o SilverStone
TS04, unha carcasa que pode acoller no seu interior un disco SATA e
convertelo nunha unidade de memoria USB 3.0 cunha velocidade de transferencia
máxima de 5 Gbps conservando a compatibilidade con USB 2.0 (aÃnda que en tal
caso a velocidade caerÃa a 480 Mbps).
Esta carcasa mide 136 x 84,5 x 16,3 milÃmetros, pesa 60 gramos, é compatible
con Windows XP/Vista/7, Mac OS e Linux e o seu exterior é de plastico/alumino en
cor negra. Unha excelente opción para que precisa de altas velocidades de
transferencia e versatilidade nun dispositivo externo.