Carcasa para conectar discos duros de 2,5 polgadas por USB 3.0

luns, 28 de decembro do 2009 Marcus Fernández

A hongkonesa tenda Brando sorprendeu nos pasados días incorporando ao seu catálogo unha carcasa para discos duros SATA de 2,5 polgadas, para poder utilizalos coma unidades USB externas, que sorprende por incorporar compatibilidade co noso estándar USB 3.0.
Deste xeito, esta carcasa que está á venda por 49 dólares (34,03 euros) permitiría establecer comunicacións nos distintos tipos de estándares USB dende o USB 1.1 (1,5 Mbps) ata o USB 3.0 (5 Gbps) pasando polo USB 2.0 (480 Mbps). Cómpre destacar que, aparte da conexión USB 3.0, a carcasa conta cunha entrada de corrente que funciona a través dun porto USB 2.0, de xeito que para gozar dunha conexión de alta velocidade habería que ocupar dous portos do ordenador (un para datos e outro para a corrente eléctrica).
A carcasa inclúe unha funda, parafusos e un desaparafusador, para facilitar a instalación dun disco duro de 2,5 polgadas no seu interior.

PUBLICIDADE