Carcasa para discos duros con soporte de RAID 1

luns, 5 de maio do 2008 Marcus Fernández

O ARS-2212 Mirror Smart Mini é un complemento ideal para ordenadores portátiles que precisen dun almacenamento de datos seguro, pois é unha caixa para discos duros SATA de 2,5 polgadas que poden operar en modo RAID 1 (ou sexa, gravando os datos por duplicado en 2 discos á vez) ou en modo normal (permitindo utilizar a capacidade total dos discos introducidos no seu interior).
Esta carcasa de 163 x 163 x 16 milímetros e conectividade USB 2.0 permitindo transferencias de ata 480 Mbps (60 Mbytes/seg) precisa de conexión de corrente externa e destaca por operar mediante hardware (non consumindo recursos do ordenador ao que se conecta).
O sistema emite un sinal de alarma ao fallar un dos seus discos e tamén ten función de auto-restauración de datos, resultando unha ferramenta de grande utilidade para os que queiran gardar os seus datos dun xeito seguro. O seu prezo de venda é de 69 dólares (44,54 euros).

PUBLICIDADE