Cargador de emerxencia para móbiles
xoves, 17 de xullo do 2008No Reino Unido comezou a venderse
por 2,99 libras esterlinas (3,78 euros) un cargador de emerxencia
para o móbil coñecido coma Juicebar,
e que achega unha autonomÃa adicional de ata 480 minutos en espera e 60 minutos
en conversa (dependendo estas duracións do modelo de móbil utilizado).
Este cargador desbotable é capaz de manter a súa carga durante 5 anos, e
funciona con distintos terminais de Nokia, Sony Ericsson, Motorola, Samsung ou
calquera terminal que se cargue a través dun conector mini USB.
Juicebar permite evitar quedar sen baterÃa nun momento determinado (pois o
móbil pode usarse durante a carga), polo que é produto moi atractivo para a súa
compra en caso de emerxencia, pero que moitos poderÃan optar a adquirilo coma
medida de precaución.