Carral organiza un curso básico de uso de móbil para adultos

luns, 3 de marzo do 2025 S. P.

O Concello de Carral celebrará neste mes de marzo un curso básico de Uso de teléfono móbil para adultos. As sesións, que teñen o obxectivo de seguir avanzando na capacitación tecnolóxica da cidadanía ao tempo que se lles subministran recursos que garantan usos saudábeis, útiles e seguros das ferramentas e dispositivos dixitais, levaranse a cabo os luns deste mes e en diferentes franxas horarias en cada parroquia.
As clases empezarán o luns, 10 de marzo e concluirán o día 31. En canto ao horario, as sesións formativas levaranse a cabo no edificio social Toñito Espiñeira, no caso de Carral, e nos locais sociais das parroquias. Con respecto ao horario, as sesións formativas tanto en Carral como en San Vicente celebraranse de 9.30 a 10.30 horas. En Cañás, a formación será de 11.00 a 12.00 horas, en Barcia terá lugar de 12.30 a 13.30 horas. En canto a Tabeaio, as clases desenvolveranse de 11.00 a 12.00 horas.
As persoas interesadas en participar poderán apuntarse chamando ao teléfono 678 338 872.