Casio celebra os seus 50 anos cun anel reloxo
xoves, 26 de decembro do 2024
Para celebrar o 50 aniversario dos reloxos Casio a compañÃa xaponesa decidiu crear unha versión completa en metal dos seus clásicos reloxos, pero no tamaño dun anel, para o que tiveron que empregar un método especial de procesamento de metais que inxecta unha mestura de finos pos metálicos e resina nun molde, técnica que permiten a modelaxe do anel nunha única peza, reproducindo incluso fielmente o deseño dos relevos do brazalete. O cristal está selado hermeticamente (de xeito que ofrece resistencia á auga) e tamén permite a substitución da baterÃa.
O novo reloxo de Casio, modelo CRW-001-1, deberÃa estar dispoñible en poucos dÃas a un prezo de 119 euros, ten un diámetro interno de 20 milÃmetros e unha circunferencia de 62,8 milÃmetros (polo que se adaptarÃa a un talle 22 de dedo, incluÃndo espaciadores para axustar o tamaño para os talles 19 e 16).
O módulo estándar reduciuse a unha décima parte, e combinado cunha pequena baterÃa de botón, conseguiuse crear un reloxo dixital de 3 botóns que dabe nun dedo, contando incluso cunha pantalla LCD de 7 segmentos capaz de amosar a hora até o segundo e a data, contando incluso con funcionalidade de cronómetro.
VÃdeo promocional do Casio Watch Ring