Casio prepara un reloxo con Wear OS
luns, 5 de abril do 2021
Casio anunciou un novo reloxo resistente, o GSW-H1000, un
smartwatch da familia G-SQUAD PRO que sorprende por funciona con Wear OS, o
sistema operativo de Google para reloxos conectados, que promete recuperar pulo
nos vindeiros meses.
Estamos ante o primeiro smartwatch G-SHOCK con Wear OS, dirixido a un uso
deportivo, que integra sensores de ritmo cardÃaco, compás, altÃmetro,
acelerómetro, xiroscopio, GPS e máis funcións nun corpo capaz de resistir a auga
até a 200 metros de profundidade. Este resistente reloxo ten unha pantalla
táctil de 1,2 polgadas bastante curiosa por utilizar dobre capa: unha monocromo
que está sempre acendida e unha de cor, visible cando queremos consultar mapas
ou datos de sensores que precisan de amosar a información de xeito máis detallado.
O GSW-H1000 ten conectividade Bluetooth 4.2 e Wi-Fi N, inclúe micrófono, e a
súa baterÃa permÃtelle unha autonomÃa de dÃa e medio coa pantalla de cor acendida,
podendo colocarse nun modo de funcionamento no que reducen o uso de funcións smart
para chegar até 1 mes de autonomÃa (ou sexa, que funcionarÃa dun xeito
semellante a moitas pulseiras de actividade).
Este curioso smartwatch terá un prezo recomendado de 699 euros, polo que é un
dos reloxos de Casio máis caros do mercado, distanciándose bastante incluso da
meirande parte de reloxos conectados do mercado, o que enténdese que é
consecuencia de poder asociar as funcionalidades dun reloxo con Wear OS cun
estilo tan carismático como o de Casio.
VÃdeo promocional do Casio GSW-H1000