Casio prepara unha cámara deportiva resistente
mércores, 22 de novembro do 2017
Casio anunciou
en Xapón unha nova cámara deportiva, a GZE-1, que destaca principalmente
por adoptar unha estética moi semellante aos dos reloxos G-SHOCK da marca, ou
sexa, que goza de grande protección, o que a fai un bo dispositivo para filmar
actividades deportivas en duras condicións, sendo a súa construción resistente a
golpes, auga e po.
A cámara GZE-1 está asÃ
orientada a practicantes de deportes extremos como BMX, skate, snowboard ou
surf, xa que soporta caÃdas de até 4 metros de altura, ten unha resistencia á
auga de até 50 metros de profundidade durante 30 minutos, cumpre co estándar
IP6X de resistencia ao po e pode operar até a 10 graos baixo cero. Pode disparar
instantáneas de 6 MpÃxeles cun grande angular impresionante (190,8 graos) asÃ
como gravar vÃdeos Full HD cun ángulo de visión bastante amplo (170,4 graos). A
súa apertura é f/2.8, ten conectividade Bluetooth 4.1 e Wi-Fi N, as súas
medidas son de 75 x 74,1 x 46,4 milÃmetros e pesa 172 gramos con baterÃa e tarxeta
de memoria.
Polo momento non se coñece a data de lanzamento nin o prezo final do produto,
pero prevese
que se venda a 46.000 iens no Xapón (350 euros).
VÃdeo de presentación das novas cámaras deportivas de Casio