Caterpillar achega a Europa un smartphone reforzado

luns, 15 de abril do 2013 Marcus Fernández

Os usuarios que precisen dun smartphone moi resistente sen prescindir das funcionalidades dos terminais modernos poden adquirir agora dende o Reino Unido un novo móbil que chega cunha marca reputada como Caterpillar, o que é toda unha garantía para o público industrial. O CAT B15 chega a un prezo de 299 libras esterlinas (uns 368 euros, con portes incluídos) ofrecendo un smartphone con Android 4.1 que funciona cun procesador MediaTek MT6577 de dobre núcleo a 1 GHz, 512 Mb de RAM, 4 Gb de almacenamento interno ampliable mediante tarxetas microSD de ata 32 Gb, pantalla de 4 polgadas cunha resolución de 800 x 480 píxeles con protección Gorilla Glass e capaz de funcionar con dedos húmidos e cámaras de 5 e 0,3 Mpíxeles, que presume de poder operar a temperaturas de entre 20 graos baixo cero e 55 graos centígrados, ser capaz de soportar unha caída sobre cemento a unha altura de 1,8 metros e ter resistencia IP67 (polo que podería somerxerse ata 30 minutos a 1 metro de profundidade, sendo tamén resistente ao po). As súas medidas son de 125 x 69,5 x 14,95 milímetros e pesa 170 gramos.

O CAT B15 chega como un smartphone ideal para contornos industriais

PUBLICIDADE