Catherine chega ás tendas españolas
venres, 10 de febreiro do 2012- O xogo conta con fases que mesturan quebracabezas con plataformas
O
estudo detrás da saga Persona trae
hoxe ao mercado europeo o xogo Catherine,
tÃtulo inicialmente lanzado no Xapón, que finalmente podemos ver no noso
territorio en versións para Xbox 360 e PlayStation 3, que sorprende tanto polas
súas mecánicas de xogo como polo seu enfoque adulto no que faise un achegamento
psicolóxico aos seus personaxes.
Catherine combina aventura e acción
con quebracabezas, plataformas, supervivencia e erotismo, deixando claro que
estamos ante un xogo non apto para todos os públicos, non só pola súa clasificación
PEGI +18, senón polo xeito de transcorrer o xogo, que pode incomodar a moitos usuarios.
- A vida de Vincent cambia cando coñece a Catherine
O argumento conta a historia de Vincent, mozo que vive nun barrio no que
recentemente faleceron outros novos mentres durmÃan, cunha mirada de angustia
no seu rostro, provocando o rumor de que se unha persoa soña que cae e non
esperta pronto será incapaz de deixar o soño e morrerá. Este pretexto non terá
máis importancia ata que Vincent, que leva 5 anos coa súa moza Katherine, pasar
unha noite cunha moza chamada Catherine, o que parece ser o detonante de
pesadelos nocturnos que parecen confirmar os rumores anteriores.
Comeza asà unha dobre historia, na que durante o dÃa Vincent investigará
conversando con xente nun bar, mentres que polas noites deberá sobrevivir aos
retos que xorden nos seus soños.