Cecotec avisa agora do roubo de información persoal dos seus usuarios en 2023

mércores, 9 de abril do 2025 Marcus Fernández

A marca española Cecotec, moi coñecida por produtos como o robot aspiradora Conga, está a advertir aos seus clientes de que en abril de 2023 foron vítimas dun ataque informático que permitiu a un terceiro acceder á súa anterior plataforma de comercio electrónico (inactiva dende 2020) e subtraer información da mesma.
Aseguran que o ataque facilitou o acceso a datos identificativos (nome, apelidos, número de DNI) e de contacto (número de teléfono fixo e móbil, enderezo postal) dun número moi reducido de usuarios (coméntase que uns 933), sen afectar aos seus datos bancarios, aínda que sorprende que a notificación desta filtración de datos persoais tardase tanto tempo en comunicarse aos usuarios afectados, que puideron estar a ser vítimas de calotes e outras ameazas de seguridade por culpa deste roubo de información.