Celebrada a segunda das sesións do Obradoiro de Novas Tecnoloxías para persoas maiores de Porto do Son

xoves, 10 de agosto do 2023 S. P.

Este mes de agosto estanse a desenvolver en Porto do Son as actividades do Obradoiro de Novas Tecnoloxías para persoas maiores do concello. Celébranse en catro quendas: os días 1, 8, 22 e 29 de agosto, na nave de servizos náuticos da vila sonense. Este martes 8 de agosto levouse a cabo a segunda das sesións, cunha ducia de participantes.
Trátase dunha actividade cen por cen de balde. O obradoiro vén da man da Xunta, a Fundación Amigos de Galicia e o Concello do Son. O obradoiro está destinado a persoas de 65 anos ou máis, que poderán familiarizarse grazas ás sesións programadas en cuestións como os usos da máquina de quendas das administracións locais e os centros de saúde, dos caixeiros automáticos, dos teléfonos móbiles intelixentes ou das aplicacións móbiles máis estendidas (por exemplo a app do SERGAS).

PUBLICIDADE