Cerceda organiza novas actividades de dinamización para febreiro

mércores, 27 de xaneiro do 2010 Raquel Noya

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información, en colaboración co Concello de Cerceda, vén de anunciar novas actividades de achegamento ás novas tecnoloxías que terán lugar no vindeiro mes de febrerio no Centro de Dinamización da localidade coruñesa.
Os obradoiros que se van desenvolver son os seguintes:
- Solicitude de cita médica en Internet: con esta actividade preténdese que o usuario/a ao finalizar este obradoiro sexa quen de solicitar ou anular citas médicas co SERGAS sen necesidade de desprazarse ata o Centro médico.
- Alfabetización dixital: Informática e Internet: pretende capacitar ás persoas asistentes para que sexan quen de manexar de forma básica un computador, así como de acceder a Internet e utilizar algúns dos recursos básicos dispoñíbles.
Asemade, haberá outros dous obradoiros dirixidos aos nenos e nenas do lugar:
- Wikipedia: enciclopedia en Internet: este obradoiro pretende facer que os usuarios e usuarias sexan capaces de ter unha visión xeral dunha enciclopedia colaborativa e de poder procurar, editar e compartir artigos.
- Procesador de textos: pretende que os participantes sexan capaces de crear e modificar un documento de texto.
Para saber máis sobre as datas e horarios nas que se desenvolverán estes e outros obradoiros, as persoas interesadas deberán consultar a páxina web do devandito Centro, ou informarse chamando ao número de teléfono 981 685 001.
Tamén poden enviar un correo electrónico á persoa encargada do Centro que atenderá as peticións de calquera persoa, sexa ou non usuaria habitual da Aula de Dinamización de Cerceda.

PUBLICIDADE