Chamamento ao voluntariado en liña para completar o Twitter en galego
martes, 30 de outubro do 2012
O proceso
de tradución de Twitter ao galego está en marcha e vai a bo
ritmo, grazas aos voluntarios e voluntarias que de xeito
desinteresado impulsaron todo tipo de accións na propia rede (e
noutras redes) para acadalo, pero para rematalo cómpre contar con
máis mans neste labor colectivo. Asà nolo conta Carlos GarcÃa,
impulsor desta iniciativa (Twitter en galego), que contou co
visto bo dos responsábeis da propia rede o pasado 18 de setembro, e
que é apoiada e seguida por máis de 16.000 seareiros. Que que queda
por facer? Pois hai que lembrar que a aprobación da solicitude, por
parte de Twitter, para incluÃr unha versión en galego do servizo
estipula que son os mesmos usuarios galegos os que teñen que achegar
o glosario na súa lingua. Este
traballo non sei fai nun dÃa e malia estar avanzado, precÃsanse
máis voluntarias/os.
Segundo reflicte Carlos GarcÃa, o
labor colectivo é imprescindÃbel para que axiña poidamos ler
Twitter en galego, cousa para a que non é preciso contar con grandes
coñecementos en informática ou en filoloxÃa galega. O sistema
vertébrase por votacións. AsÃ, tradúcese un termo e logo a
comunidade pona a exame, axudándose uns membros a outros e sen que
exista a figura dun único supervisor.
O proceso de tradución de Twitter,
como recordaremos, tamén inclúe un espallamento alén da web. AsÃ,
a intención é chegar á versión móbil do servizo, ás aplicacións
de Twitter para Android, iOS, OS X e Windows (TweetDeck) e a outros
servizos asociados, para acadar unha localización á altura doutras
linguas como o español.