ChatGPT Images evoluciona para pórse á altura de Nano Banana Pro
mércores, 17 de decembro do 2025
OpenAI anunciou o lanzamento dunha nova versión de ChatGPT Images, ferramenta que integra capacidades avanzadas de xeración e edición de imaxes directamente dentro do seu ecosistema. A compañÃa encabezada por Sam Altman presentou esta novidade destacando que se trata dun paso máis na súa estratexia de combinar linguaxe e visión nun mesmo produto.
ChatGPT Images permite aos usuarios crear imaxes a partir de descricións textuais, asà como modificar ou mellorar fotografÃas e gráficos xa existentes. A tecnoloxÃa está deseñada para funcionar de maneira segura e adaptada a diferentes perfÃs, desde particulares ata empresas e desenvolvedores. OpenAI subliña que o obxectivo é facilitar a creatividade e a produtividade sen comprometer os estándares de seguridade que a compañÃa di manter como prioridade.
Este lanzamento insÃrese nunha liña de innovacións recentes que buscan ampliar o alcance de ChatGPT máis alá da conversa textual e pode enmarcarse nunha serie de melloras que está a realizar OpenAI en resposta aos avances de Gemini, ou sexa, que con esta novidade ChatGPT estarÃa a colocarse á altura de Nano Banana Pro (ferramenta que goza de grande popularidade actualmente).
