ChatGPT estrea WhatsApp
mércores, 18 de decembro do 2024
Dende OpenAI non paran de presentar novidades estes dÃas, e coa que sorprenden agora é coa posibilidade de que os cidadáns estadounidenses poidan falar por teléfono co ChatGPT, mentres que fóra do seu paÃs abren a posibilidade de comunicarse co ChatGPT a través de WhatsApp engadÃndoo na nosa axenda co número de teléfono 1 (800) 2428478.
As posibilidades de conversa con ChatGPT a través de WhatsApp está limitada a mensaxes de texto, ou sexa, que non tira proveito das posibilidades multimodais do ChatGPT, deixando claro que estamos ante unha simple curiosidade que pode servir para introducir no mundo da IA a usuarios que non queren molestarse en instalar a aplicación móbil do servizo.
Estamos ante un paso máis do que supón o achegamento da tecnoloxÃa de ChatGPT a un público cada vez máis amplo, ao que tamén contribuirán ás últimas novidades, como a posibilidade de realizar buscas na web mediante IA.
VÃdeo no que podemos ver as últimas novidades de ChatGPT