ChatGPT estrea un plan de subscrición de 200 dólares/mes
xoves, 5 de decembro do 2024
Son moitos os usuarios que para tirar un maior proveito das posibilidades da intelixencia artificial teñen contratado o servizos ChatGPT Plus por 20 dólares ao mes, e dende OpenAI sorprenden agora anunciando ChatGPT Pro, un novo plan de subscrición de pagamento cun prezo de 200 dólares/mes.
Este novo plan inclúe acceso ao modelo máis avanzado da compañÃa (OpenAI o1), asà como a o1-mini, GPT-4o e o servizo de voz avanzada. Tamén inclúe o modo o1 pro, unha versión de o1 que utiliza máis capacidade de cálculo para que o sistema achegue mellores respostas aos problemas máis complexos. No futuro esperan que este plan incorpore máis funcións avanzadas.
A idea de ChatGPT Pro é dirixirse a investigadores, enxeñeiros e outros usuarios que realicen un uso diario da intelixencia artificial para mellorar a súa produtividade, podendo asà avanzar aÃnda máis nesta liña.