ChatGPT foi a aplicación lÃder en descargas no mes de marzo
venres, 11 de abril do 2025
Appfigures vén de facer balance das aplicacións para móbiles máis descargadas en marzo a nivel mundial, sorprendendo coa suba meteórica dunha aplicación que dificilmente poderiamos ter previsto: ChatGPT.
O fenómeno de creación de imaxes ao estilo do estudio Ghibli propiciou un incremento de descargas da aplicación de ChatGPT, que rexistrou 13 millóns de descargas en iOS e 33 millóns de descargas en Android, sumando un total de 46 millóns de descargas, polo que supera polos pelos a Instagram (46 millóns) e TikTok (45 millóns).
Estamos falando en volume de descargas, por se falamos de ingresos a cousa mudarÃa bastante, e ChatGPT quedarÃa nun modesto 6º posto con 99 millóns de dólares, bastante lonxe de TikTok (296 millóns de dólares) e YouTube (160 millóns de dólares), aÃnda que neste caso tamén cómpre salientar que falamos de ingresos a través das tendas de aplicacións (plataformas como Netflix fuxiron de tal método de pagamento para non ter que compartir ingresos con Google e Apple).
Resulta curioso ver como, mentres en número de descargas ChatGPT ten case o triplo en Android que en iOS, cando falamos de ingresos a situación é a contraria, e en iOS xerarÃa 80 millóns de dólares, mentres que en Android quedarÃa nuns modestos 19 millóns de dólares.
Outra lectura que se está a facer sobre o éxito de ChatGPT nas últimas semanas terÃa que ver con Apple Intelligence, xa que os dispositivos de Apple recibiron recentemente a aplicación Image Playground que permite a creación de imaxes mediante IA, pero non conseguiu apenas visibilidade en liña, deixando quedar aÃnda en peor lugar o avances da compañÃa da mazá no eido da intelixencia artificial.