ChatGPT permite recuperar o modelo GPT-4o aos usuarios de pagamento
mércores, 13 de agosto do 2025
O novo sistema de intelixencia artificial de OpenAI, GPT-5, presentouse cunha caracterÃstica principal que consiste no emprego dun enrutador en tempo real que se encargaba de escoller entre varios modelos en función da complexidade da consulta, para librar ao usuario de tal escolla, que podÃa resultar bastante confusa.
Pero o que nun principio presentouse como unha grande vantaxe non agradou a moitos usuarios, non só por querer personalizar a selección de modelo, senón tamén polo feito de que preferÃan a personalidade de GPT-4o, o que levou a OpenAI a non só permitir que escollamos manualmente entre o GPT-5 máis rápido e o máis razoador, senón tamén para que os descontentos poidan gozar do modelo herdado do que tanto gustaban.
Cómpre salientar que os modelos máis esixentes teñen lÃmites, de xeito que se actualmente superamos as 3.000 mensaxes/semana de GPT-5 Thinking o sistema pasará a funcionar nunha versión mini do modelo.
Para poder gozar de GPT-4o temos que ter contratado algunha das subscricións de pagamento de ChatGPT, mentres que o modelo GPT-4.5 quedará restrinxido a usuarios con subscrición Pro.
Sam Altman recoñece que están a traballar para que a personalidade de GPT-5 sexa máis cálida, de xeito que os usuarios que se sentÃan máis cómodos con GPT-4o poidan recibir mellor o novo modelo.
